Bidasoaldea

Modelo:Xeografía políticaBidasoaldea

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°24′N 1°48′O / 43.4, -1.8
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco
ProvinciaGuipúscoa Editar o valor en Wikidata

Bidasoaldea ou Bidasoa Beherea (Baixo Bidasoa en galego) é unha comarca de Guipúscoa, en Euskadi. Atópase no extremo nordés da provincia, no límite con Francia, e ocupa a parte baixa da conca do río Bidasoa.

É a comarca máis pequena de Guipúscoa e está formada por dous concellos: Hondarribia e Irún. Limita polo norte co mar Cantábrico, polo oeste coa comarca de Donostialdea, polo sur coa comarca de Bortziriak (Navarra) e polo leste cos concellos de Biriatou e Hendaia (Francia).

Xeograficamente correspóndese coa marxe esquerda do curso baixo do río Bidasoa e coa ribeira esquerda da Baía de Txingudi na que desemboca o río. A historia e indosincrasia da comarca está marcada pola súa condición fronteiriza entre España e Francia (antigamente entre Castela, Navarra e Francia). Xuntamente coa localidade francesa de Hendaia forma a comarca de Bidasoa-Txingudi.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in